IGREXA DE SAN XOÁN DE BAÑOS

Relixioso
1305

Localización

Parroquia: Os Baños (San Xoán)

Lugar: Os Baños

32848  Bande - Ourense

Coordenadas:
41º 58' 58.9" N - 7º 58' 47.9" W

Descrición

Cando o encoro de As Conchas anegou a aldea, a igrexa foi trasladada á súa situación actual xunto á estrada OU-540. A súa fábrica mostra a severa estereotomía do seu perpiaño, producíndose un notable desenvolvemento da espadaña que coroa a construción, de dous corpos e decoración a base de pináculos con bólas. O interior, dunha soa nave, está soportado por pilastras sobre as que inician a súa curvatura os arcos faixóns da cuberta.

Acceso

A 6,8 km do centro de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 (dirección Lobios) ou tamén chamada rúa Pombal. A 6,8 km. na marxe esquerda da estrada atópase o recurso.
Arriba