CARBALLA DA ROCHA

Espazos naturais
934

Localización

Parroquia: Rairiz de Veiga (San Xoán)

Lugar: A Saínza de Arriba

Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 04' 19.3" N - 7º 49' 51.7" W

Descrición

Raíces para gañar o ceo
En galego, o carballo (Quercus robur) adopta o xénero feminino cando se trata dun exemplar vello, de tronco voluminoso e copa moi desenvolvida. A Carballa da Rocha ou da Saínza presenta un porte magnífico. A súa medición oficial é de 6,90 metros de perímetro que deben tomarse a unha altura de 1,30 metros do chan. Máis arriba esgállase en dúas grandes pólas que superan os trinta metros de altura.
Ademais do seu interese botánico, á árbore da Saínza posúe un notable valor cultural. As súas raíces fúndense na historia de onde está plantada, nas proximidades da capela da Virxe da Mercé, e na memoria das xentes do lugar (Ver Reserva da Biosfera “Área de Allariz”).
Cada 24 de setembro, co gallo das festas patronais, a sombra desta carballeira acolle tamén unha senlleira romaría, unha das poucas recreacións en Galicia das batallas entre mouros e cristiáns. O denominado “ataque” represéntase no Campo do Castelo e está declarado Festa de Interese Turístico.

Acceso

Estrada OU-531 de Xinzo de Limia a Celanova.

Situación

Na localidade da Saínza, no concello de Rairiz de Veiga pertencente á comarca da Limia (Ourense).

Superficie

0,63 ha.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.
Arriba