GR 94 RURAL DE GALICIA

Sendeirismo
1130
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

A Estrada | Campo Lameiro | Cerdedo-Cotobade | Cuntis | Ponte Caldelas | Redondela | Soutomaior | Vigo

A Coruña

Santiago de Compostela | Teo

Coordenadas:
42º 15' 11.3" N - 8º 40' 56.6" W
42º 52' 49.3" N - 8º 32' 42.4" W

Descrición

O sendeiro GR 94, situado no sudoeste galaico, é unha vía que comunica o mar e a montaña en dirección Sur-Norte. A ruta en Vigo achégase a dous promontorios coñecidos polas súas vistas panorámicas: A Madroa sobre a Ría de Vigo e o Castro de Negros sobre o val do río Maceiras, Reondela e a enseada de S. Simón. O primeiro fito no camiño constitúeo o Castelo de Soutomaior, fortaleza medieval nun harmónico contorno. Deixando atrás a igrexa de Rial e a ponte de Comboa sobre o río Verduxo e tras un pequeno desvío, o camiño sorpréndenos coa ponte de Almofrei e o seu extraordinario emprazamento. Aquí, o río baixa formando profundas pozas nunha zona de rochas e grandes desniveis.

A arquitectura rural fai acto de presenza nos hórreos de Rascaderia, na antiga feira de Cuspedriños e no complexo igrexa-reitoral de Cequeril. As milenarias e simbólicas carballeiras achegan a súa beleza á senda en San Xusto. Os petróglifos son testemuño dun pasado afastado que o camiñante deberá localizar en Paredes. Esta ruta tamén podería coñecerse como Sendeiro das Pontes polos numerosos ríos que atravesa.

Acceso

A Madroa é un dos famosos miradoiros de Vigo. En Santiago de Compostela iníciase no barrio de Conxo.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Un plus

PETROGLIFOS

Os petróglifos consisten en gravados rupestres ao aire libre realizados durante a Idade de Bronce.

Entre os motivos xeométricos máis repetidos encóntranse cazoletas, combinacións circulares, labirintos, espirais, etc. Tamén aparecen diferentes tipos de armas, así como figuras antropomorfas e zoomorfas (cervos, cabalos e serpes).

O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre en Campo Lameiro (Pontevedra) alberga un dos conxuntos de petróglifos máis importantes de Europa. Un espazo expositivo e unha paisaxe cultural de 22 hectáreas que supoñen unha viaxe no tempo á Idade de Bronce.

Lonxitude

126 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Barrio de Conxo (Santiago de Compostela) - UTM:29T X:536340 Y: 4748570
Punto de partida: A Madroa, Teis (Vigo) Teis - UTM:29T X:526310 Y:4678150

Percorrido

Vigo, Soutomaior, Campo Lameiro, Cequeril, Luou y Santiago de Compostela.

Dificultade

Alta

Duración

36 horas.

Conexións

Co GR-53 e co PR-G230.

Material

Se se pensa facelo dun "tirón", aconséllase levar abundante material de abrigo e comida suficiente.

Servizos

En Vigo, Redondela, Soutomaior,Vilarchán, Xesteira, Sacos, Cimadevila, Cequiril, Sebil, Cuntis, Portela, Vea, Luou y Solláns.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

94-IV Santiago de Compostela, 120-II Extramundi de Abaixo, 120-IV Padrón, 152-II Caldas de Reis, 152-IV Cutián, 153-I Codeseda, 153-III Cerdedo, 185-II Pontevedra, 185-IV Soutomaior, 186-I Cotobade, 223-II Redondela, 223-IV Mos.

Máis información

Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia

Tel.: 986 420 551
info@trevinca.es
www.trevinca.es

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 8 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 521 m.
Desnivel acumulado baixando: 3691 m.
Desnivel acumulado subindo: 3851 m.

Tipo de percorrido

Gran percorrido

Tipificación

Interese paisaxístico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!