NOVA RESTAURANTE

Restaurantes - 4ª Categoría - 1 Garfo
236
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Valle Inclán 5, Baixo

32004  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 23.7" N - 7º 51' 44.1" W

Camiños de Santiago

Vía da Prata

O Restaurante

Chef: Daniel Guzmán / Julio Sotomayor
Entrevista:
Esta é a miña cociña
A cociña de Nova é unha cociña sostible. A súa situación xeográfica permítelles ofrecer sempre o mellor produto de temporada dos seus arredores pero tamén da costa. Unha cociña de raíces, na que cada elaboración intenta plasmar unha base gastronómica herdada dos devanceiros e na que cada ingrediente achega algo especial. Un fío condutor determinante: a frescura.
De cerca
Dous curmáns e cociñeiros ourensáns, Julio Sotomayor e Daniel Guzmán, tiñan un soño, crear un espazo no que gozar dun protagonista único: o produto. Eles entenden o xénero como “estacional e efémero”, o que fai que as súas propostas se baseen nos produtos estrela de cada estación. Os menús van evolucionando de maneira continuada para que a experiencia sexa sempre “nova”. E o soño cumpriuse.
O menú e algo máis
Julio e Daniel apostan pola tradición e a modernidade en todos os sentidos. Comer en Nova é toda unha experiencia porque nunca sabemos o que imos atopar. Menús cambiantes, en función do mellor que hai no mercado en cada momento do ano. O resultado é unha vivencia única cada semana.
Bo Ambiente
Nova está situado en pleno centro da cidade das Burgas. É un restaurante urbano, onde prima o deseño minimalista pero sen perder nunca a funcionalidade que require un espazo destas características. Un espazo ideal para desfrutar do produto placidamente sentados nunha das súas nove mesas.
E, para os amantes ou curiosos do proceso culinario, tamén se pode gozar da trasfega que se vive no interior dunha cociña, que está á vista, e comprobar o mimo co que se trata cada prato.

Estrelas Michelin

1 Estrela Michelin

Soles Repsol

1 Sol Repsol
Arriba