ROMARÍA DA SAÍNZA

Festas de interese turístico
2672
Datas de celebración: 22/09 - 24/09

Localización

Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 04' 13.0" N - 7º 49' 38.9" W

Descrición

Na Limia, que se dicía atravesada polo mítico río do Esquecemento —interior da provincia de Ourense—, habita a tradición e certa esencia da Galicia rural agraria. Paisaxes montañosas, vixiadas por torres que disputaban mosteiros e os condes de Monterrei e de Moctezuma. Onde tamén se conta que naceu a fermosa, malograda e namorada esposa de Pedro o Cruel, Inés de Castro, raíña despois de morta. Espazos nos que, na mañá de cada domingo máis próximo ao 24 de setembro e na honra da Virxe da Mercé, avós, pais e fillos, á sombra dunha vella carballeira e o simulacro dun castelo, rememoran unha historia que non se debe repetir: as loitas medievais entre os cristiáns e os invasores mouros, os que reclaman o décimo das Cen Doncelas. Tal batalla campal, entre sermóns e cánticos, non pode rematar máis que en festa de liberación de cativos e confraternal baile, mesa ben servida, brinde, foguetes e música.

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!