IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE FENTE

Relixioso
674
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Fente (San Martiño)

Lugar: Fente

27569  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 45' 40.0" N - 7º 49' 39.9" W

Descrición

Igrexa románica cuxa fábrica orixinal data do século XII, aínda que sufriu importantes reformas posteriores, como o engadido da sancristía, que rompe a harmonía da edificación orixinal. 
Os muros son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta, de tella a dúas augas. A porta principal é alintelada tras a reforma que deixou o tímpano encaixado sobre mochetas. A ventá da ábsida perdeu as columnas e elevouse.  
 O arco triunfal componse de dúas arquivoltas, das cales a interior é de aresta viva. O muro descarga en columnas con plinto, bases tóricas e capiteis con motivos vexetais e figurados. Conserva no beirado canzorros de decoración variada. No testeiro o retablo maior oculta unha ventá tapiada, quedando á vista unha arquivolta con decoración de axadrezado.
O frontis remata nunha espadana dun só van.  A lacena-sagrario tallada no muro sur da ábsida é de feitura contemporánea á igrexa.

Acceso

Saíndo de Monterroso tomar dirección Taboada. A 2,7 km tomar desvío á dereita. A 1,3 km tomar pista á dereita. A 200 m está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba