Galicia é unica

Viaxe para grupos que chegen a pé ou en avión a Santiago de Compostela e desexen completar a súa experenza en Galicia cun circuito que visita o máis destacado do patrimonio cultural, etnográfico e natural, sen esquecernos das sabores únicas que deleitaraán o seu padal.
375
7
IVE
Transporte
Seguro de viaxe

Programa Completo

  • Día 1
    SANTIAGO DE COMPOSTELA – FISTERRA – A CORUÑA
     
    Iniciamos a nosa viaxe acompañados en todo momento por un guía oficial de Galicia que nos recibe para guiarnos e enriquecer a nosa experiencia con contos e lendas das terras galegas.
     Comezamos a ruta partindo de Santiago de Compostela cara á Fin do Mundo.
     Gozaremos da paisaxe e dos encantos de cada unha das vilas que atravesa a sinuosa estrada da costa; viaxe que nos levará por Noia, Muros, Carnota, co seu inmenso hórreo, que é parada obrigada para unha foto e, ao abeiro do Monte Pindo, chegaremos a Ézaro, onde outra bonita estampa nos agarda na desembocadura do río Xallas sobre o Océano Atlántico. Xa só nos queda pasar por Cee e Corcubión antes de chegarmos a Fisterra para gozar do ambiente mariñeiro e peregrino do seu porto. Achegarémonos ao Faro, situado no extremo do cabo considerado na antigüidade como a fin do mundo coñecido. O xantar en restaurante é opcional . Pola tarde visitaremos Vimianzo e mais o seu Castelo, onde unha mostra “viva” de artesanía nos mostrará oficios tradicionais como a olería de Buño e os encaixes de Camariñas. Antes de despedirnos da Costa da Morte poderemos achegarnos ao Dolmen de Dombate, exemplo ben conservado e moi interesante do megalitismo en Galicia.
     Con sorte, arribaremos á Coruña no momento xusto da posta de sol na Torre de Hércules.
    Aloxamento no Carrís Marineda 4*, no centro comercial máis grande de Galicia, ou en primeira liña de praia, no clásico Meliá María Pita 4*.

  • Día 2
    A CORUÑA – PONTEDEUME – FERROL
     
    Almorzo e visita panorámica da Coruña, onde efectuaremos unha parada na Torre de Hércules, declarada Patrimonio da Humanidade por ser o faro máis antigo do mundo, de orixe romana, aínda en funcionamento. Visitaremos a zona vella e teremos tempo para pasear pola Mariña, coas súas brancas galerías que miran ao mar, e para tomar algo nas terrazas da Praza de María Pita. O xantar en restaurante é opcional, de camiño a Ferrol, na vila mariñeira de Pontedeume. Pola tarde chegaremos a Ferrol: único porto militar intacto en Europa e a maior base naval da Ilustración, e embarcaremos para efectuar unha excursión pola ría que nos permitirá admirar as fortalezas defensivas dos Castelos de San Felipe, A Palma e o Arsenal militar. A continuación, traslado ao Hotel Carrís Almirante 4*, en pleno Barrio da Magdalena, ou ao Parador de Ferrol 3*, con espectaculares vistas sobre o Arsenal Militar. Tempo libre. Aloxamento. 

  • Día 3
    FERROL – SERRA DA CAPELADA - FERROL
     
    Almorzo e saída cara á Serra da Capelada. Efectuaremos unha parada na vila de pescadores de Cariño antes de comezar o ascenso cara á Vixía de Herbeira (613 m), un dos acantilados máis altos de Europa. Tras asomarnos a este balcón que dá ao Océano Atlántico continuaremos ata o lugar de Santo André de Teixido, famoso pola lenda que di que alí “vai de morto quen non vai de vivo”, e teremos tempo para efectuar a baixada a pé ata o Santuario e depositar unha pedra nun dos milladoiros como proba da nosa viaxe, ademais de cumprir con outras tradicións e rituais nas inmediacións do Santuario, un dos de maior devoción de toda Galicia. Seguimos a viaxe cara a Cedeira, preciosa vila de pescadores, onde gozaremos de tempo libre. O xantar nun restaurante é opcional. A media tarde regreso pola costa das salvaxes praias de Vilarrube, Pantín e Valdoviño cara a Ferrol. Aloxamento. 

  • Día 4
    FERROL - LUGO - RIBEIRA SACRA (MONFORTE DE LEMOS / OURENSE)
     
    Almorzo e saída cara a Lugo. Daremos un paseo sobre a muralla mellor conservada de todas as fortificacións militares romanas, razón pola que foi declarada Patrimonio da Humanidade, e teremos vagar para pasear polo barrio vello e visitar a Catedral.
     Seguiremos a viaxe con destino á Ribeira Sacra, famosa pola concentración de templos relixiosos románicos e polos viñedos que producen a uva mencía dos viños con Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Chegaremos a Chantada para o xantar, que é opcional en restaurante, e poderemos dar un paseo polas súas rúas con soportais. Pola tarde navegaremos nun catamarán por estas augas cheas de vida e tradición; a paisaxe e o patrimonio cultural que nos rodean son espectaculares, sobre todo no meandro do río Miño coñecido como Cabo do Mundo. A continuación, visitaremos os mosteiros de Santo Estevo de Ribas de Miño e das Bernardas, en Ferreira de Pantón. Dependendo do aloxamento seleccionado dirixirémonos a Monforte de Lemos, onde está o Parador de Turismo, nun mosteiro beneditino do s. XVII, ou iremos cara a Ourense para aloxarnos no céntrico e recentemente inaugurado Hotel Carrís Cardenal Quevedo 4*. Aloxamento.

  • Día 5
    RIBEIRA SACRA – VIGO E ILLAS CÍES (verán), ou BAIONA, CASTRO DE SANTA TREGA E TUI (inverno)
     
    Almorzo e saída cara a Vigo. Dependendo da temporada do ano efectuaremos unha das seguintes rutas:
    - En temporada de verán (de xuño a setembro) embarcaremos cara ás Illas Cíes, as máis visitadas do Parque Nacional das Illas Atlánticas, para efectuar algunha das rutas guiadas ata o Faro ou o Alto do Príncipe, ambos con espectaculares vistas sobre a ría de Vigo. O xantar en restaurante é opcional. Pola tarde, tempo libre para gozar do baño na paradisíaca Praia de Rodas e regreso a última hora da tarde ao porto. Aproveitaremos para degustar as famosas ostras de Arcade no Barrio da Pedra e logo trasladarémonos ao aloxamento seleccionado: o moderno Carrís Beiramar 4* no Barrio do Berbés, próximo ao porto de Vigo, ou regreso directo a Tui para o aloxamento no Parador.
     - Na temporada de inverno, a ruta comeza pola visita de Baiona, onde daremos un paseo polas murallas do Parador Conde de Gondomar e gozaremos das mellores vistas das Illas Cíes. Tomaremos un aperitivo no Parador e, a seguir, teremos tempo libre para camiñar polo paseo marítimo antes de continuarmos a nosa ruta pola estrada da costa cara á Guarda. Ascenderemos ao Monte Santa Trega, onde se atopa o castro máis visitado de Galicia e desde o que divisaremos unha espectacular panorámica da desembocadura do río Miño entre España e Portugal. De regreso á Guarda, o xantar é opcional en restaurante. E pola tarde traslado a Tui para efectuar unha visita guiada pola súa zona histórica, na que destaca a súa Catedral e a colección de “sambenitos”, única en España. Traslado ao Parador de Tui ou ao Hotel Carrís Beiramar 4* en Vigo para o aloxamento

  • Día 6
    VIGO/TUI – PAZO DE RIBADULLA, OCA ou SOUTOMAIOR - SANTIAGO
     
    Almorzo. Dependendo do aeroporto de saída e do horario, visitaremos un Pazo galego (Santa Cruz de Ribadulla, Oca, Soutomaior…) e brindaremos nos seus xardíns cun viño D.O. Rías Baixas. Lembrade que no inverno os xardíns galegos se amosan espectaculares coas camelias en flor!
     O guía acompañará ao grupo ata o aeroporto de saída para axudarlle cos trámites de facturación e embarque.

Condicións específicas

Aloxamento en Carrís Hoteis
    Entre 16 y 24 persoas 399€
    Entre 25 y 34 persoas 339€
    Entre 34 y 44 persoas 309€
    Entre 45 y 55 persoas 299€
    Sup. Individual 175€
    Sup. Tempada Alta (xullo, agosto e setembro) 19€

Aloxamento en Paradores de Turismo

    Entre 16 y 24 persoas 589€
    Entre 25 y 34 persoas 509€
    Entre 34 y 44 persoas 479€
    Entre 45 y 55 persoas 429€
    Sup. Individual 195€
    Sup. Temnporada Alta (xullo, agosto e setembro) 69€
    Sup.Media Pension 119€

Prezo por persoa en cuarto dobre, según Hoteis e Nº de persoas no grupo

Servizos incluídos

Transporte en autocar Gran Luxo dotado de aire acondicionado, butaca reclinable e adaptado ao tamaño do grupo (22/28/35/50/55 prazas)

Guía oficial durante 6 días en Galicia

5 noites en hoteis indicados según elixan Carrís Hoteis ou Paradores de Turismo

5 almorzos tipo buffet nos hoteis indicados

Unha excursión en lancha pola ría de Ferrol

Unha excursión en catamarán polos cañons do río Miño

Entrada á muralla do Parador Conde de Gondomar

Unha excursión ás Illas Cíes ou un Aperitivo no Parador Conde de Gondomar (según disponibilidade do servizo de líña regular ás Islas Cíes)

Unha visita a un Pazo galego e un aperitivo cun viño D.O. Rías Baixas

Seguro de asistencia en viaxe para pasaxeiros de nacionalidade española
Arriba