Rías Baixas ao descuberto-Vilas mariñeiras

Esta excursión estará marcada pola longa tradición mariñeira de Galicia. Propómosvos coñecer as Rías Baixas e a comarca do Salnés, entendendo un pouco máis a cultura de Galicia bebendo do seu mar, a súa paisaxe e dos costumes destas poboacións bañadas polo Atlántico. Pontevedra, Combarro, O Grove e Cambados engaiolarannos cos seus grandes espazo mariños, incluíndo ademais un paseo en catamarán pola ría con degustación de mexillóns e viño albariño a bordo.
613
5
IVE
Transporte
Seguro de viaxe

Programa Completo

A excursión bordea a península do Salnés, entre as rías de Arousa e de Pontevedra e de illas grandes e pequenas: Ons, na ría de Pontevedra, e Arousa, Sálvora, Cortegada e A Toxa, na de Arousa.O itinerario comeza na monumental Pontevedra, no fondo da ría do mesmo nome, e á beira do río Lérez. O seu centro histórico, de orixe medieval, destaca polo seu bo estado de conservación. O Museo Provincial, a igrexa da Peregrina (s. XVIII), barroca e con planta en forma de vieira, a de Santa María a Maior (s. XVI), a praza da Leña, os soportais da Ferreiría, ou a rúa de San Telmo, son só algúns dos puntos de interese desta cidade. O itinerario continúa en Combarro, estampa típica de cruceiros e hórreos inmersos case no mar que ten a denominación de conxunto histórico-artístico. Pasadas as praias de Sanxenxo, Portonovo (antigas aldeas de pescadores hoxe en día capitais do veraneo en Galicia ) Montalvo, chégase ao inmenso areal da Lanzada, unha gran lingua de area branca que mira ao océano e grazas á que a península do Grove mantense unida a terra firme. No seu flanco sur, mirando ao mar e a poñente, ten unha preciosa ermida románica (s. XIII) acompañada polos restos dunha torre medieval (s. X). A península do Grove é coñecida principalmente pola calidade dos seus mariscos, que a converten na capital da gastronomía mariñeira. Pero tamén por lugares como o monte Siradella, que cos seus 167 m sobre o nivel do mar é o punto máis elevado da rexión e tamén o seu mellor miradoiro. Do porto do Grove sae o cruceiro que percorre a ría de Arousa e lévanos terra dentro cara á boca do río Ulla. A ruta, segundo a lenda, é a mesma que seguiu a barca que transportou os restos do Apóstolo Santiago ata Padrón. Navégase entre as bateas nas que se cultivan os afamados mexillóns galegos. A continuación visitarase a illa da Toxa, illa luxosa, famosa polas propiedades das súas augas, que deron nome a unha marca de produtos cosméticos e minerais internacionalmente coñecidos. Ten unha peculiar capela toda cuberta de conchas de vieira, nas que moitos escribiron para deixar recordo do seu paso pola illa. A excursión termina na monumental Cambados que ostenta o título de Moi Nobre Vila. Esa nobreza apréciase nas centenarias pedras que compoñen a praza de Fefiñáns (s. XVII), co seu señorial pazo e a románica igrexa de San Bieito (s. XVI) que a flanquea. Cambados é a capital indiscutible do albariño, que celebra a súa festa a primeira fin de semana de agosto.

Condicións específicas

Duración: 
Día completo.

Prezo:        

    Servizo regular
        45 € por persoa.
        Nenos (de 2 a 12 anos): 50 % de desconto da tarifa de adulto.
        O prezo inclúe: desprazamento en autocar, guía oficial acompañando durante todo o percorrido.
        Validez do programa: mércores, venres e domingos  de xullo, agosto e setembro.
        Mínimo / máximo de persoas para realizar en programa: 1 / Non hai.
 
    Servizo privado
        Prezo por servizo: 250 €
        Validez do programa: todo o ano excepto os meses de xullo a outubro.

Observacións:
Saídas desde Santiago de Compostela, desde outros puntos de Galicia consultar dispoñibilidade.

Servizos incluídos

- Desprazamento en minivan con capacidade máxima de 7 prazas.
- Condutor - guía  oficial acompañando durante todo o percorrido.
Arriba