Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A Xunta de Galicia está a avanzar nos preparativos do Xacobeo 2027, un evento no que o Goberno galego traballa para acadar a máxima participación empresarial e social.
Inclúe medidas como o novo Plan Director de Patrocinios do Xacobeo 2027, a medida coa que o Goberno autonómico vai ordenar e estruturar os criterios e procedementos que vén aplicando na xestión dos eventos patrocinados con fondos públicos vencellados ao Xacobeo 2027.
Esta ferramenta crea un marco específico para os patrocinios garantindo que a programación se desenvolva con criterios homoxéneos e seguridade xurídica, impulse a colaboración público-privada e non invada nin substitúa as liñas de programación xa existentes e ordinarias que desenvolven os departamentos competentes en materia cultural, turística e outras.
Este Plan inclúe unha convocatoria pública á que se poderán presentar propostas de eventos vinculados á programación oficial do Xacobeo 27, co fin de ser avaliados e, no seu caso, patrocinados pola Xunta de Galicia.
Ademais, a Xunta de Galicia traballa para que o Ministerio active canto antes o programa de beneficios fiscais para as empresas e durante este ano 2026 lanzarase unha nova liña de axudas para incentivar a participación das empresas privadas e sociedade civil na programación desta cita.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.