Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
A MIÑA VIAXE
BOCADOS DE EXPERIENCIAS MARIÑEIRAS
En Galicia o mar define unha paisaxe única ao longo dos seus 1.200 quilómetros de costa. A beleza das súas rías únese ao singular patrimonio cultural vinculado ao fascinante mundo marítimo e pesqueiro e á súa rica gastronomía baseada nos manxares que proporciona o océano.
O turismo mariñeiro brinda ao visitante experiencias irrepetibles e sensacións moi intensas.
Acompañar aos profesionais do mar nunha xornada de pesca e logo cociñar as nosas propias capturas. Achegarnos a algunha das miles de bateas nas que se producen os mellores mexillóns do mundo. Descubrir como se "cultivan" berberechos, ameixas ou navallas na praia seguindo os consellos das propias mariscadoras. Presenciar a ousadía dos percebeiros desafiando a bravura das ondas que rompen sobre as rochas. Participar do balbordo dunha lonxa e coñecer o particular e vibrante sistema de poxa dos distintos produtos. Pasear por praias case virxes. E degustar peixes e mariscos frescos ao lado do porto, sentindo a brisa e o olor do mar.
Ofrecémosvos unha experiencia turística apaixonante: vivir Galicia a través do seu mar, escoitando e gozando das vivencias dos seus protagonistas.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.