Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 77 SENDA DE BOBORÁS&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 77 SENDA DE BOBORÁS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200430000176/pr-g-77-senda-de-boboras?langId=gl_ES
O inicio atópase na estrada que une Eixán con Ponterriza. Esta última aldea é digna de visitar, a pesar de situarse fóra de roteiro, pola súa ponte medieval e un cruceiro con gravados de serpes. En Ponterriza tamén hai posibilidade de conexión coa PR-G 79. A senda chega a Eixán e descende para atravesar o río Pedriña, comezando daquela a ascensión cara a Astureses.
O patrimonio que atopamos neste PR-G é importantísimo: o románico nas igrexas de San Xulián de Astureses, Sta. María de Xuvencos e San Martiño de Cameixa e o pazo Almuzara (turismo rural).
A final do traxecto, o carreiro descende cara ás ruínas de Leborín para, entre fermosos camiños flanqueados por antigos muros, desembocar na aldea de Pazos de Arenteiro (ver PR-G 76). Desde esa poboación pódese tomar o PR-G 79 cara a Ponterriza, a 8 km, pasando por Castro Cavadoso e Moldes e, dese xeito, completar un itinerario circular.
O Ribeiro e O Carballiño, a pedra feita arte
O territorio que se estende polas comarcas do Ribeiro e O Carballiño posúe unha altísima concentración de patrimonio relixioso. Á xa mencionada roteiro do Románico (igrexas de Astureses, Xuvencos e Cameixa), hai que engadir as de San Mamede de Moldes (tamén en Boborás), San Tomé de Serantes, Lamas, Lebosende e Gomariz (no Concello de Leiro) e a de San Tomé O Vello en Maside, sen esquecer o prerrománico de San Xes de Francelos en Ribadavia.
Outros templos máis recentes, pero igualmente singulares, son os de Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Beade, Banga e O Carballiño. E para completar, os mosteiros de Oseira, Melón e San Clodio que dan forma a un roteiro imprescindible para calquera viaxeiro curioso.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.