ROMARÍA DE SANTA MINIA

Festas de Galicia de interese turístico
166
Datas de celebración: 27/09 - 27/09

Localización

Rúa: do Concello 1

15865  Brión - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 00.4" N - 8º 40' 41.2" W

Descrición

A Romaría de Santa Minia de Brión e máis as vésperas celébranse cada 27 de setembro, na carballeira do mesmo nome. O terceiro dos días de celebración depende do día de semana no que caia o 27, tanto pode ser o día 25 como o 28. Esta romaría é o evento máis importante e principal punto de atracción turística do noso concello, sendo ademais un dos máis importantes da comarca de Santiago. Dende a súa primeira celebración no ano 1848, cada ano atrae a milleiros de romeiros de todos os recunchos de Galicia a Brión. Todo isto grazas á implicación da poboación local, dos romeiros e turistas que cada ano se achegan a esta romaría. Cos anos esta romaría converteuse nun punto de encontro gastronómico: degustar o polbo.
A destacar da Romaría de Santa Minia tres aspectos:
- Relixioso, a fama milagreira da santa fai que, cada ano, milleiros de romeiros se acheguen a Brión á celebración desta festividade.
- Gastronómico, cos anos tomar o polbo pola Santa Minia de Brión, converteuse nunha tradición moi arraigada en toda a comarca.
- Cultural e lúdico: os fogos da véspera, as actuacións musicais de grupos de renome da música galega, orquestras e escolas de música e baile tradicional de Brión e festival de bandas de música. Actuacións teatrais. Festival monecadas.

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba