IGREXA DE SAN PEDRO DE OUTES

Relixioso
1467

Localización

Parroquia: Outes (San Pedro)

Lugar: Outes

15230  Outes - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 00.9" N - 8º 55' 38.9" W

Descrición

A antiga igrexa era moi pequena e no 1720 mandouna ampliar o arcebispo de Santiago D. Luis de Salcedo y Azcona. Rematouse no ano de 1764 dirixindo as obras Manuel Varela.

Ten nave de planta de cruz latina, muros de cachotaría granítica. Fachada casi totalmente lisa, con escasa decoración: unha moldura enmarcando a porta que forma orelleiras rectangulares nas esquinas e unha fornela sobre a porta coa imaxe de San Pedro en pedra. Na torre campanario pódese ver una reloxo de sol e unha gárgola na esquina.

Arriba