Esta é a excursión grupal máis completa que pode atopar para unha visita dun día á Ribeira Sacra.
Ao longo do día descubrirá os segredos e misterios que rodean este máxico territorio, todo en pequenos grupos dun máximo de 21 persoas e na procura da sustentabilidade do propio destino.
Desfrutaremos dunha visita a dous dos seus maxestosos mosteiros, faremos unha ruta en catamarán polo Canón do Sil, teremos tempo para gozar de dous dos seus miradoiros e tamén a opción de degustar algunhos caldos da D.O. Ribeira Sacra coa visita a unha adega.
Unha xornada moi completa para poder gozar en boa compañía do que nos pode ofrecer este marabilloso e extenso territorio.
A excursión realizarase sempre que se me for un grupo de 8 ou máis persoas, pola contra, a viaxe pode ser cancelada notificándose polo menos con 3 días de antelación. Neste caso, ofrecerase a posibilidade de realizar a viaxe noutra data dispoñible ou, se non, a devolución dos importes pagos.
No caso de que non se poida realizar algunha actividade ou visita por motivos alleos á nosa empresa, tratásese de buscar unha substitución equivalente ou unha reorganización na orde das visitas.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.