Arrinca motores, ponte en ruta. Coñecerás, de faro en faro, a Galicia que vive e sente o mar.
É a nova proposta de MarGalaica Turismo Mariñeiro para sorprenderte coas paisaxes máis abraiantes da costa e introducirte na cultura da Galicia mariñeira en contacto directo coas súas xentes. Témolo todo preparado, o percorrido, os paseos máis interesantes da costa, os restaurantes Km. 0 MarGalaica, as actividades mariñeiras e todo o que necesitas para as túas vacacións e as túas escapadas máis auténticas.
Pero ti pos as regras. Podes escoller a túa propia ruta, a zona para visitar. sexa cal sexa a túa elección, temos preparados os escenarios máis incribles, os mellores restaurantes para degustar produtos do mar ou as propostas de lecer máis variadas.
Desde Ribadeo, no límite con Asturias, ata A Guarda, a beiras do Miño e con Portugal á vista; as Rías Altas e as Rías Baixas; os grandes cantís, as inmensas praias e as pequenas calas; as cidades e as vilas mariñeiras; portos pesqueiros e lonxas; e, por suposto… os faros.
Fai a equipaxe, quenta motores e… ponte en Ruta!