A camelia, flor das Rías Baixas..

A camelia é a protagonista neste roteiro, na que visitarás tres xardíns incluídos no Itinerario Europeo de Xardíns Históricos. Dous deles contan coa certificación de Excelencia Internacional da Camelia. En primeiro lugar, o Pazo Quinteiro da Cruz, un verxel no corazón do Salnés. Nel florecen máis de 5.000 exemplares de camelias de máis de 1.500 variedades, entre elas a sinensis, a partir da cal elaboran o seu propio té, que degustarás ao cabo da visita. A continuación achegarémonos ata o Pazo de Lourizán en cuxa finca de máis de 54 hectáreas temos unha zona de arboleda na que atoparemos tanto especies autóctonas de gran porte como outras foráneas. Na súa zona axardinada é onde se concentran as camelias que atoparemos en pleno esplendor.

Xa pola tarde despois de xantar (comida libre) en Pontevedra, iremos ata Vilagarcía para visitar o Pazo de Rubiáns cuxos xardíns naceron no s XVII e ao que se foron incorporando magnolios, criptomerias ou araucarias. Conta con máis de 800 variedades de camelias e unha finca de albariño, viño que degustarás ao acabar a visita. Desde aquí regresaremos en tren a Santiago de Compostela.

Tempo libre para xantar: Pontevedra (14.30 – 16.30 aprox.)

 

Calendario 2026

Sábado 7 de Marzo
Sábado 21 de Marzo

Prezos

Adultos: 50€
Nenos de 3 a 13 anos: 25€
Válidos para compras en Internet.
O resto de canles de venda poden estar suxeitos a un incremento por gastos de xestión.
Grupos 10 ou máis adultos 15% desconto.

Reservas e compra de billetes

En despachos de billetes de calquera estación de Renfe.
Na web de renfe.com.
En axencias de viaxe concertadas con Renfe.
Reservas e venda telefónica: tel. 912 320 320

 

Información ao cliente:
912 555 912
www.renfe.com

 

Arriba