Declarada Monumento Histórico-Artístico en 1986.
No s. IX, o bispo Teodomiro de Iria Flavia identifica un templete romano como a tumba do Apóstolo Santiago. A raíz deste descubrimento o rei Alfonso II o Casto manda erixir un modesto templo en torno á devandita construción pagá. O aumento das peregrinacións e certa estabilidade tras os ataques árabes conducen a unha nova construción que se inicia no ano 1075, durante o reinado de Alfonso VI e baixo a dirección arcebispal de Diego de Peláez. Iníciase así a construción da catedral románica que continúa durante o arcebispado de Diego Xelmírez e que xa non parará ata converterse no grande templo que hoxe podemos contemplar.