O obxecto deste concurso é o deseño da imaxe publicitaria para promocionar a “Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia” para as súas edicións de 2027 e 2028, acción desenvolvida por Turismo de Galicia en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños galegas: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras, coa finalidade de promocionar e contribuír ao desenvolvemento turístico das cinco zonas vitivinícolas de Galicia.

Turismo de Galicia, consciente da tradición desta Bienal, considera que a mesma é de grande interese para a promoción turística de Galicia e, en particular, do enoturismo.

Tomarán parte neste certame os autores dos carteis finalistas e premiados da Bienal Internacional de Carteis Terras Gauda | Concurso Francisco Mantecón do ano 2026, seleccionado previamente polo xurado.

Valorarase fundamentalmente a fácil identificación da imaxe co “Enoturismo e Galicia” e a orixinalidade da creatividade.

Ademais de informar sobre as datas e lugares de celebración, no cartel deben figurar, axeitadamente colocados, os logos institucionais da Xunta de Galicia, Galicia Calidade e Xacobeo 2027, así coma os logotipos das cinco Asociacións das Rutas dos viños galegas. Ademáis, levará o seguiente texto: Primavera de Portas Abertas. Adicionalmente incluirase no cartel a seguinte referencias: www.turismo.gal 

A efectos de ter a información necesaria para a colocación dos logos, achégase dossier de briefing informativo e cartel da edición de 2026.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba