Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
É esta unha clara invitación a purificar a vosa alma, a alonxarvos da vida cotiá e a sumerxirvos nun mundo de misterio, pero sobre todo de paz.
Imaxinade unha terra na que as augas das fontes son milagreiras, onde as mozas acoden ás ondas do mar para ter descendencia, na que as pedras teñen o poder de sandar, onde o sol nace e morre cada día no seu mar… Imaxinade unha terra na que, nas súas máis remotas orixes, os seus poboadores percibían algo máxico e especial, onde o perfume das plantas sanadoras e o incienso se mesturan nun aura diferente. Se sodes quen de imaxinar todo isto, sodes quen de percorrer os Santuarios máxicos de Galicia: templos situados en enclaves únicos, onde peculiares ritos relixiosos se mesturan coas máis antigas lendas pagás.
Achegádevos aos nosos templos e pedide 3 desexos na Ruta de San Andrés de Teixido e outros santuarios do Norte de Galicia, facede un percorrido polos lugares máis santos da Costa da Morte, percorrede as mesmas augas polas que o corpo do Apóstolo chegou a Galicia… Descubride lugares verdadeiramente máxicos tanto pola súa privilexiada situación como polos ritos que os envolve.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.