A maxia dos mosteiros

A situación xeográfica de Galicia, o fin da Terra ata o Renacemento, coas súas montañas, os seus vales, os seus bosques, os seus ríos e a súa costa seduciron dende a antigüidade a distintos poboadores que colonizaron toda a súa xeografía e deixaron abondosas mostras da súa espiritualidade. Máis adiante, o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago atraeu ás principais ordes monásticas que xurdiron en Europa e deixaron a súa pegada en mosteiros, igrexas e outras construcións relixiosas que agora poñemos ao teu alcance, para que coñezas fielmente o noso impresionante patrimonio monacal.

Goza da visita.

Cargando datos dos
mosteiros
Pechar

Coñeza a riqueza artística e patrimonial dos mosteiros e conventos de Galicia a través de visitas virtuais ás que pode acceder mediante a súa localización no mapa ou empregando os correspondentes buscadores, tanto polos estilos arquitectónicos como pola orde monástica ou conventual aos que pertence.

Pechar

Estilos arquitectónicos

Ordes relixiosas

Arriba