Un paseo romántico en tren…
Nesta xornada convidámoste a coñecer tres xardíns que forman parte do Itinerario Europeo dos Xardíns Históricos así como da Ruta da Camelia de Galicia. En primeiro lugar achegarémonos ao Pazo Quinteiro da Cruz, co seu xardín e casa do té. Seguidamente iremos a Soutomaior co seu Castelo rodeado de camelias e árbores exóticas como sequoias ou araucarias. Despois do xantar (libre) en Arcade, visitaremos o xardín do Pazo de Rubianes, en Vilagarcía de Arousa, onde as camelias son as raíñas, acompañadas de criptomerias , alcanfores ou freixos.
Tempo libre para xantar: Arcade (14:45-16:20 aprox)