Pazos, viño e sabor a mar...
Esta ruta levarate ao corazón da comarca do Salnés, sub-zona da Denominación de Orixe Rías Baixas. Dende o tren poderás gozar da paisaxe da ría de Arousa antes de visitar a adega do Pazo Baión, rodeado de viñedos, e a vila de Cambados, “capital do albariño”, e seu conxunto monumental de Fefiñáns. Pola tarde un paseo en barco pola ría de Vigo permitirate coñecer historias de trobadores, batallas e novelas, desembarcando na fermosa illa de San Simón.
Tempo libre para xantar: Vigo: (14:25-15:45 aprox.)