Nesta ruta propoñémosche a combinación de dous territorios con Denominación de Orixe: O Ribeiro e Rías Baixas

Ao longo do traxecto poderás degustar un viño na adega Marqués de Vizhoja; seducirate o encanto medieval de Ribadavia  e o seu castelo. Pola tarde visitarás o recentemente inaugurado Museo do Viño de Galicia,que forma parte da rede museística da Xunta de Galicia. Despois achegarémonos ao castro de San Cibrao de Las e, durante a súa visita, retrocederemos máis de vinte séculos no tempo... Acabaremos a viaxe visitando a estación ferroviaria de Santa  Cruz de Arrabaldo, convertida nun museo que alberga diversas coleccións de interese.

 

Información ao cliente:
661 209 982
912 555 912
www.renfe.com

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba