Entre viñedos e mosteiros...
Viaxa aos mares interiores de Galicia e mergúllate na maxia, na arte e a paisaxe da Ribeira Sacra. Nesta ruta percorrerás viñedos e saborearás os seus viños na adega Regina Viarum, miradoiro sobre o río Sil. Despois do xantar embarcarás nun catamarán para percorrer as augas do río Sil, encaixadas nun espectacular canón. Rematarás a xornada visitando o mosteiro de San Pedro de Rocas, un dos máis antigos de Galicia, escavado directamente na montaña.
Tempo libre para xantar: Monforte de Lemos (13:40 - 15:30 aprox.)