Dende as entrañas da terra...

Con este tren aproximaraste ao territorio das Denominacións de Orixe Ribeira Sacra e Valdeorras. Embarcarás nun catamarán dende o que gozarás do espectacular canón do río Sil. Xa na comarca de Valdeorras degustarás os seus viños na adega A Coroa e achegaraste ata o santuario das Ermidas, xoia do barroco galego, situado nunha contorna natural de grande beleza, no estreito val do río Bibei. Por último, coñecerás Os Peares, localidade a cabalo de 2 provincias e 4 concellos, no que visitarás o seu museo ferroviario.

Tempo libre para xantar: A Rúa (Bus 1: 13:40-15:10 / Bus 2: 15:00 - 16:30 aprox.) 

 

Información ao cliente:
912 555 912
www.renfe.com

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba