Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
ESPAZOS NATURAIS
Aquí está a mellor praia do mundo. E non o dicimos nós, dío o xornal The Guardian...
Para asegurar a conservación de diferentes espazos debido ao seu interese natural, cultural,científico, educativo ou paisaxístico estes poden ser declarados Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).
.
Neste momento Galicia ten declarados seis parques naturais: Fragas do Eume, Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, na provincia da Coruña; O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra e Baixa Limia-Serra do Xurés na provincia de Ourense; e Monte Aloia, en Pontevedra.
Desde a aparición desta figura de protección son dúas as paisaxes que, alén dos valores citados, presentan unha relación harmoniosa entre o ser humano e o medio natural: os Penedos de Pasarela e Traba xunto co Val do río Navea.
8 monumentos naturais temos no territorio galego: A Praia das Catedrais, Carballa da Rocha, Costa de Dexo, Fraga de Catasós, Pena Corneira, Souto da Retorta, Souto de Rozavales e o Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós.
No territorio galego están recoñecidas un total de cinco zonas: Complexo intermareal Umia - O Grove; A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira; Rías de Ortigueira e Ladrido; Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo; Lagoa e areal de Valdoviño; e a Ría do Eo.
As ZEPA distribúense tanto ao longo da costa como en zonas de montaña. Nestes espazos, xunto con moitas outras áreas de turismo ornitolóxico por todo o noso territorio, son puntos de encontro dos afeccionados ao avistamento de aves.
.
Goza Galicia dun total de seis espazos recoñecidos polo programa Home e Biosfera (MAB) da UNESCO que promove o desenvolvemento sostible baseado na mellora da relación do ser humano co seu contorno.
Lugares con especial atractivo para as persoas que percorren a nosa xeografía na procura dos valores paisaxísticos e naturais.
Galicia atesoura unha ampla e variada riqueza de paisaxes debido, entre outras razóns, ás diferenzas climáticas, contrastes bioxeográficos, disparidade poboacional e de relación entre os habitantes e o seu contorno.
Invitámosche a mergullarte nas fervenzas de Galicia, un poema sensorial de extraordinaria beleza
Un Parque Nacional, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia; cinco Reservas da Biosfera; seis Parques Naturais tan variados que van desde o Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, unha zona húmida ao pé do mar, ata a O Invernadeiro a 1.500 m de altitude; máis de 50 espazos encadrados na Rede Natura 2000 e numerosas Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPA) repartidas pola xeografía galega, dan unha idea do que ofrece a natureza en Galicia.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.