Presentámosvos un percorrido polas Illas Cíes, as cales forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e posúen, segundo o diario inglés The Guardian, unha das praias máis fermosas do mundo: a praia de Rodas.
Embarcádevos nesta aventura e preparade a vosa vista para apreciar marabillosas paisaxes atlánticas.
O arquipélago das Cíes está formado pola illa Norte ou Monteagudo, a do Medio ou do Faro e a do Sur ou San Martiño.
Os ataques piratas de turcos, tunisianos e ingleses tamén chegaron ás Cíes. Un dos corsarios que pisou este chan antes de atacar a costa foi o famoso Francis Drake.