Descubrímosche Galicia da maneira máis natural, unha visión posta ao día dos espazos turísticos: os xeodestinos.
Ferrolterra
Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, , Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño, Vilarmaio
Aquí estaba a fin do mundo, o "Finis Terrae" dos romanos. Concretamente, en Cabo Fisterra, un lugar fascinante desde a máis remota antigüidade, e onde moitos peregrinos dan por finalizado a súa viaxe despois de pasaren por Santiago de Compostela.
Os concellos que integran este xeodestino son: Muros, Outes, Noia, Lousame e Porto do Son. Muros ao norte e Noia ao leste son as capitais desta tranquila e fermosa ría. Rivalizando en atractivos, tanto unha como a outra teñen un centro antigo declarado Conxunto Histórico Artístico. Un centro que fala dun pasado nobre ligado ao mar e á pedra.
Na Mariña Lucense os bosques confúndense co mar. É a Galicia Verde que se asoma ao Cantábrico. Preto de 100 km de costa zarrapicada de marabillas naturais.
As serras dos Ancares e do Courel esténdense por Lugo, no linde con Asturias e León. Son o maior espazo natural de Galicia. A reserva verde. Carballos, castiñeiros, faias, abeleiras.
Paraxes impoñentes como os canóns do Sil, que son navegables, e paisaxes que albergan unha das maiores concentracións de Europa de igrexas e mosteiros medievais.
Os concellos que integran o xeodestino son: Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Lama (A), Marín, Moaña, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas, Vilaboa
Os concellos que integran o xeodestino son: Arbo, Cañiza (A), Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Neves (As), Ponteareas, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño
E aquí, no máis profundo dun fermoso bosque de piñeiros, carballos e castañeiros escóndese a Fervenza do Toxa, un fabulosa e hipnótico cadoiro de máis de 30 m de altura.