Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
A Terra xira cada día sobre si mesma (rotación), cun eixo inclinado 23.5º respecto á eclíptica. Ao mesmo tempo móvese ao redor do sol (translación) e, debido á súa inclinación, o xeito no que a luz solar incide sobre a superficie terrestre varía ao longo do ano, dando como resultado as estacións.
Os equinoccios (21 de marzo e 21 de setembro) son os momentos do ano nos que o sol alumea de igual xeito os hemisferios norte e sur, e sae exactamente polo leste e morre polo oeste. Nos solsticios (21 de xuño e 21 de decembro) acádanse os puntos máximos de inclinación relativa dos polos cara ao sol: cara ao norte no de verán e ao sur no de inverno.
Se trasladamos isto a un mapa de Europa, e proxectamos unha liña de sombra nos solpores ao longo do ano, poderemos comprobar que a Costa da Morte é o lugar onde observar o derradeiro solpor da Europa continental durante dous meses ao ano (do 24 de marzo a 23 de abril e do 18 de agosto ao 19 de setembro). Un evento que se traslada noutras fases do ano ao cabo da Roca ou cabo San Vicente en Portugal, e a outros puntos da costa de Noruega.
Na Costa da Morte, os puntos mais representativos onde se pode observar ese derradeiro solpor son cabo Touriñán, monte Veladoiro (cabo Fisterra) e Alto da Moa (monte Pindo).
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.