As camelias de Quinteiro da Cruz iluminan un xardín con alma de museo. Unha colección de pezas únicas prendidas das sebes, a xeito de tabiques que separan os carreiros. De glorietas, escondedoiros e escaleiras que se abren á fin a unha paisaxe de viñedos.
Fuxidías e, por forza, irrepetibles, as camelias de Quinteiro da Cruz esparéxense polo xardín ao dar febreiro. Éncheno de charamuscas de cor ou de muxicas que titilan entre as sombras das sebes. E ao que morren, teñen xa valor de monumento.