Contan as lendas que os homes e mulleres que viven nesta costa foron nas súas orixes fillos das baleas e os peixes. Rodeada de cantís de 600 m de altura, a pequena Ría de Cedeira ten un gusto salgado e eterno... Isto é o mar, bravo e xeneroso. Un mar de percebes. A praia máis espectacular da ría é Vilarrube, con forma de media lúa.

E ao norte, gardando a porta da ría, o corazón de Cedeira e talvez de Galicia enteira: o Santuario de Santo André de Teixido. Unha capela dedicada ao Apóstolo Santo André nunha agreste paisaxe de cantil. Aquí situaban o final da Vía Láctea os peregrinos que ían a Santiago. Un santuario máxico ao que convén ir polo menos unha vez na vida...

Arriba
Axúdanos a mellorar!