A Ría de Arousa é a máis extensa das rías de Galicia. Durante séculos, a súa amplitude e riqueza propiciaron as invasións, así que para as conter no século XI construíronse as Torres de Oeste, en Catoira, hoxe escenario dun divertido Desembarco Viquingo. Vilagarcía de Arousa, cun agradable microclima a maior parte do ano, é a capital da ría de Arousa.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Nestas augas danse algúns dos mellores mariscos de Europa, entre eles as famosas ameixas de Carril. Ademais, coa desembocadura dos ríos Ulla e Umia, esta terra convértese nun verxel. De feito, aquí prodúcense algúns dos mellores brancos de España, dentro da D.O. Rías Baixas.

E ademais, por toda a ría, praias e máis praias. As illas de Sálvora, Cortegada, Arousa ou a da Toxa, cos seus balnearios, os seus piñeirais e os seus elegantes hoteis. Ou a animación de Rianxo, Boiro ou Ribeira; o señorío de Cambados, capital do albariño, coa impresionante praza do Pazo de Fefiñáns. E para non esquecer nada, o espectacular miradoiro da Curota na Pobra do Caramiñal.

Praias...

A BARCA A Pobra do Caramiñal (A Coruña) Engadir á "Miña viaxe"
A BRAÑA Vilanova de Arousa (Pontevedra) Engadir á "Miña viaxe"
A CABALGADA Vilanova de Arousa (Pontevedra) Engadir á "Miña viaxe"
A CANTEIRA A Illa de Arousa (Pontevedra) Engadir á "Miña viaxe"
A CORNA A Pobra do Caramiñal (A Coruña) Engadir á "Miña viaxe"
A COVACHA Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) Engadir á "Miña viaxe"
A ILLA DA LAXE A Pobra do Caramiñal (A Coruña) Engadir á "Miña viaxe"
Arriba