Rías e praias

Aquí os homes só son invitados, pois as Rías son en realidade reino de peixes, gaivotas, corvos mariños e incansables carráns...

As Rías galegas, longos brazos de mar que penetran na terra, definen a paisaxe de Galicia e talvez, dalgún xeito tamén, o espírito dos seus habitantes, unha máxica e sorprendente mestura de opostos: o oceánico e o terrestre; o máxico e o real; o titánico e o humano. Unha simbiose entre distintos camiños, os do mar e os da terra, que talvez ao final acaben conducindo ao ceo, ou non é alí onde se xuntan o horizonte e os soños?

Os 1.498 km de costa, ademais das súas ben coñecidas riquezas gastronómicas, regalan a esta terra lendas, comercio, cultura, lecer, marabillosas paisaxes e máis de 700 praias. Desde os mansos e suaves areais das Rías Baixas que invitan ao descanso e ao baño, ata os furiosos e bravos das Rías Altas, batidos polo vento.

Arriba