A Ría de Ferrol recorda a forma dunha espada mariña cuxa empuñadura serían os castelos de San Felipe e A Palma. Despois, a longa folla esténdese cara a Neda, na desembocadura do río Xuvia. Ligada á historia naval, a ría de Ferrol foi sempre unha espada no alto.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Ferrol é elegancia urbana e poderío militar. Como o Barrio da Magdalena, o primeiro en Europa que foi trazado co criterio racionalista da Ilustración. Ou o Arsenal, tamén do século XVIII, co Museo Naval.

Mais hoxe, logo de visitaren Ferrol, os ingleses prefiren darse un paseo pola Graña, Fene, Neda. Ou cruzaren a ría en barco e ir a Mugardos a comer o seu famoso polbo. Un plan moito mellor que arriscarse a pasar fronte ao castelo de San Felipe.

 

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba