Xeodestinos

Descubrímosche Galicia da maneira máis natural, unha visión posta ao día dos espazos turísticos: os xeodestinos.

Desde a Mariña Lucense ás Rías Baixas, desde Terras de Santiago ao Ribeiro, 14 espazos delimitados dun xeito natural pola súa historia e as súas singularidades. Tanto se che gusta a praia como se prefires a montaña, tanto se o teu é unha escapada cultural ou gastronómica, aquí atoparás o teu espazo.

E cada un cos seus propios atractivos. Na Costa da Morte, agrestes paisaxes batidas por un mar forte e ás veces despiadado. Nas Rías Baixas, sol e praias de relaxante beleza. En Verín-Viana os Entroidos máis frenéticos que viras nunca. Na Ribeira Sacra, viñedos de vertixe e impresionantes mosteiros en paraxes insólitas. En Ancares-Courel, bosques encantados e cheos de vida.

De norte a sur, de leste a oeste, goza de Galicia en toda a súa extensión.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba