Pontevedra é a capital das Rías Baixas. Unha cidade señorial que reborda vida e terrazas, co centro histórico máis importante de Galicia, despois do de Santiago. E atractivos como a Basílica de Santa María, a Igrexa de San Bartolomeu ou o Museo de Pontevedra, un dos mellores museos provinciais de España. Na beira norte da ría, ambiente festivo en Sanxenxo e Portonovo.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Mosteiros de orixe medieval como o de Poio, ou os hórreos de Combarro, que parecen saír do mar. Na beira sur, ambiente mariñeiro e relaxado en Marín, Bueu, Aldán ou O Hío, co seu espectacular cruceiro barroco.

E as praias. As famosas praias de Pontevedra: A Lanzada, Montalvo, Silgar, Areas, Mogor, Aguete, Lapamán, Portomaior, Menduíña, Pinténs...E gardando a entrada da ría, a illa de Ons, parque nacional.

Arriba