Na Ría de Corcubión, unha ampla enseada que desde Fisterra se abre ao sur. Desde o faro de Fisterra, de día séntese a inmensidade do océano, de noite a luz alcanza ata 65 km de distancia. Cara ao sur, a praia de Carnota, a praia infinita. Unha reserva natural de máis de 7 km de longo e ata 1 km de largo na baixamar, de area fina e dourada.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Na Ría de Corcubión o mundo parece feito por xigantes.

Nas proximidades está o Monte Pindo, o olimpo sacro dos celtas. Unha montaña de 627 m á beira do mar e cuxo cumio está coroado por inmensos penedos, visibles desde quilómetros, con formas humanas e animais. Aos seus pés, en Ézaro, o río Xallas precipítase directamente ao mar nunha fervenza de 40 m de altura, un espectáculo único en Europa.

Na vila de Carnota o hórreo máis grande de Galicia, de 35 m de longo! É a Ría de Corcubión, terra de xigantes.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba