Aquí escóndese un dos tesouros de Galicia, feramente gardado polo mar. En Punta do Roncudo, nuns cantís batidos por unhas ondadas inclementes, danse os mellores percebes do mundo. Pero tamén aquí, as brancas cruces que rodean o faro recordan aos percebeiros que perderon a vida aos seus pés. En plena Costa da Morte o océano dá unha pequena tregua e convértese na Ría de Corme e Laxe.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

En Corme destacan as casas mariñeiras pintadas de cores e, nas súas proximidades, a enigmática Pedra da Serpe. Laxe, cun pasado señorial, ten en pleno centro unha espléndida praia de 1.400 m. E no porto, a igrexa de Santa María da Atalaia, do século XV, co seu adro fortificado.

E para relaxarse, as praias de Balarés e Soesto, esta última na bocana da ría. No fondo da ría o mar engole o río Anllóns, deixando un esteiro cunha lingua de area de máis de 2 km, paraíso de colimbos, gansos, garzas....

Praias...

AREA DAS VACAS Cabana de Bergantiños (A Coruña) Engadir á "Miña viaxe"
AREA MAIOR Malpica de Bergantiños (A Coruña) Engadir á "Miña viaxe"
ARNELA Ponteceso (A Coruña) Engadir á "Miña viaxe"
AS TORRADAS Malpica de Bergantiños (A Coruña) Engadir á "Miña viaxe"
BARDA Ponteceso (A Coruña) Engadir á "Miña viaxe"
BARIZO Malpica de Bergantiños (A Coruña) Engadir á "Miña viaxe"
BARRA Ponteceso (A Coruña) Engadir á "Miña viaxe"
BEO Malpica de Bergantiños (A Coruña) Engadir á "Miña viaxe"
Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba