Destacados

O que non podes deixar de visitar, os acenos de identidade da alma desta terra.

Podes subir á Torre de Hércules e vixiar o océano como fixeron os romanos hai máis de 2.000 anos. Gozar dunha mariscada xunto aos hórreos de Combarro, en plena ría de Pontevedra. Ou ir de cámping ás Illas Cíes e bañarte na mellor praia do mundo. E se prefires o interior, podes percorrer Lugo desde as alturas da súa muralla romana. Pasear polas animadas rúas de Santiago de Compostela e emocionarte ante o Pórtico da Gloria. Ou percorrer en catamarán os impoñentes canóns do Sil gozando da paisaxe de viñedos e mosteiros da Ribeira Sacra.

Descubre os destacados e convértete nun auténtico experto en Galicia.

Arriba