No medio da provincia de Ourense érguese un poderoso macizo no que as aves de montaña teñen un dos seus mellores refuxios.
Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
No medio da provincia de Ourense érguese un poderoso macizo no que as aves de montaña teñen un dos seus mellores refuxios.
A aparente suavidade do relevo do Macizo Central contrasta coa abrupta realidade da súa contorna. Fondos vales pouco transitados ábrense paso acollendo hábitats notables nos que salientan o sobrio monte baixo, as fragas e as penedías.
Os seus contrastes climáticos son rechamantes, desde a dureza dos cumios á suavidade das zonas baixas, e proporcionan unha grande diversidade de ambientes. Os soutos, con exemplares centenarios, son algunhas das formacións boscosas máis interesantes de Galicia, tanto desde o punto de vista natural como desde o cultural.
De abril a setembro
22 Km
2 horas
Ningunha
A Pobra de Trives, Manzaneda
A Cabeza Grande - Paradela
Puntos clave da ruta
De abril a setembro
5,2 Km
2 horas
Media
Chandrexa de Queixa, Manzaneda
Contorna de Cabeza de Manzaneda
Puntos clave da ruta:
De abril a setembro
10 Km
4 horas
Media
Vilariño de Conso
Chaguazoso - A Cenza
Puntos clave da ruta:
As amplas extensións de monte baixo aprovéitanas especies ameazadas como a gatafornela, a aguia real e a fuxidía charrela. Nalgúns matos cantan os último papoazuis. Polo ceo pairan os voitres, tanto os leonados coma os máis escasos voitres negros. Nos soutos encontran uns espazo favorable o peto formigueiro e o rabirrubio de testa branca.
Estamos nunha área de montaña, polo que no inverno as estradas pode que non sexan transitables por mor da neve; é fundamental estar atentos á previsión meteorolóxica.
No verán temos que usar protector solar e levar auga.
É importante manterse sempre dentro dos camiños marcados.
Nas excursión é habitual encontrar gando, posto que é o medio de vida de moitas persoas. Non podemos molestalo e debemos darlle prioridade de paso
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.