O xeodestino, Lugo e A Terra Chá, abrangue os concellos de Abadín, Antas de Ulla, A Pastoriza, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, O Corgo, O Páramo, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pol, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba e Xermade.
Esta é unha terra como non hai outra igual. En contraste coa típica paisaxe galega, A Terra Chá é unha inmensa chaira, a máis grande de Galicia. Unha chaira de prados sempre verdes sucada por numerosos ríos e lagoas. Como o Miño, que en lugar de seguir cara ao mar dá un rodeo bordeando a cidade de Lugo. Talvez para admirar a Muralla Romana... Ou o famoso ambiente de tapeo do centro histórico.