Saída de Ourense
Sairemos da capital das Burgas en dirección aos Peares, pola N-120. Nesta localidade tomaremos a estrada de servizo hidroeléctrica, que nos levará ata o embarcadoiro de Santo Estevo. Dende aquí poderemos realizar un percorrido en catamarán dunhas tres horas de duración (ida e volta), ao longo dos tramos máis espectaculares da Ribeira Sacra, que nos permitirá gozar coas paredes verticais e as grandes masas de vexetación autóctona.