Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Leste é un pack de experiencias coordinado para que descubras coa túa parella ou unha amiga, o mellor da Enseada de San Simón nunha fin de semana.
Percorrerás a misteriosa illa de San Simón cunha guía oficial local, visitarás o impoñente castelo de Soutomaior e descubrirás máis segredos a través dos sabores e paisaxes con nosa mini guía Troulanda.
Ademais propoñémosche dúas actividades (a elixir): unha visita guiada con cata de produto local ou un roteiro pola enseada en bicicleta eléctrica (con guía).
Só dispoñible para maiores de 14 anos. Mínimo 2 persoas.
Suxeito a dispoñibilidade. Saídas coordinadas con outro viaxeiros pero todas en grupo pequeno.
Reservas online dispoñibles só ata 24 horas antes. Recomendamos reservar con polo menos unha semana de antelación para confirmar dispoñibilidade, especialmente para o barco e/ou en tempada alta.
En caso de condicións climatolóxicas adversas comunicarémonos contigo para pospoñer ou cancelar as actividades.
Na Opción A: Non esquezas indicarnos se tes algunha alerxia ou intolerancia alimentaria.
Na Opción B: As bicis son eléctricas pero existe un desnivel de 490 metros durante o percorrido e 25 quilómetros, teno en conta. Só dispoñible para persoas con máis de 150 cm de altura e que saiban andar en bicicleta.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.