IGREXA DE SANTA MARIÑA DO MONTE

Relixioso
279

Localización

Parroquia: Santa Mariña do Monte (Santa Mariña)

Lugar: Moimentos 9

15561  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 33' 32.9" N - 8º 06' 01.0" W

Descrición

Pequena igrexa barroca, de tipoloxía rural moi difundida pola bisbarra. Planta rectangular, con única nave e sancristía. O interior resulta sobrio e sinxelo, sen elementos ornamentais. O exterior combina muros revestidos e branquexados con pezas de cantería nos esquinais. Volumetría sinxela. Cuberta de lousa a dúas augas. Austera fachada principal con espadana de dúas campás.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a C-642, no km 10 desviarse á esquerda, a uns 700 m, no cruce, seguir á esquerda pola CP-7603, a 5 km, desviarse á esquerda, a 3 km aproximadamente atopa a igrexa.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 27/04/2017
Arriba