Símbolo da cidade, faro da Humanidade.

Localizada na mesma cidade de A Coruña, no seu paseo marítimo. Dende a súa construción polos romanos, o faro hoxe coñecido como Torre de Hércules foi un monumento digno de mención. Así o recollen as crónicas romanas e as fontes posteriores ata a actualidade. A súa singularidade fixo que a Torre se transformase no símbolo da cidade da Coruña, sendo asumido por todos os seus veciños e institucións.

Agora, o faro máis antigo en funcionamento do mundo, que iluminou coa súa presenza ou a súa luz a milleiros de persoas nos centos de anos da súa existencia, é Patrimonio da Humanidade.

Faro de época romana (s. II d.C.), aínda que podería haber unha construción fenicia anterior. Importantes reformas nos séculos XVII e XVIII. Restaurado.

Exterior de planta cadrada con ventás. Accédese ao interior polas escavacións realizadas arredor do faro e á parte superior accédese por unha escaleira que se converte en escaleira de caracol no último tramo. É visitable e ten un museo no interior.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba