Galicia é tan filla da pedra como do mar. Mariña pero tamén granítica, esta é terra de canteiros.

Pero non só de catedrais e grandes mosteiros, aquí todas as obras dos homes, ata as pequenas, fanse en pedra. Como os hórreos que atoparás a cada paso, un elemento típico do mundo rural e que talvez pola súa sinxeleza e falta de presunción acaba por resultar tan belo. Ou como os miles de cruceiros que bendicen toda a xeografía galega e nos que sempre merece a pena deterse un momento, a admirar con calma a sensibilidade e artesanía das mans que os fixeron. E, está claro, os grandes pazos, sobrios e elegantes como señores feudais cos seus rexos muros de pedra entre xardíns, orgullosos como un brasón.

Arriba
Axúdanos a mellorar!