Contén o alento. O Botafumeiro, a 70 km por hora, voa sobre ti. É maxia na catedral de Santiago de Compostela. Unha catedral que xa cumpriu 800 anos e consérvase espléndida, con renovados atractivos. Por exemplo, unha visita guiada polos seus tellados, descubrindo recunchos secretos e novas perspectivas, como admirar desde as alturas a fermosa praza da Quintana.

E aos teus pés, o casco histórico. Coas súas igrexas e conventos de clausura, as súas tendas de ourivaría en prata e acibeche, os seus lendarios cafés e casas de comidas, as súas prazas como Obradoiro, Praterías, Cervantes, Toural... As súas rúas, como a do Franco ou a do Vilar, rúas cheas de vida onde conviven estudantes e peregrinos de todas as nacionalidades.

E a miúdo, envolvéndoo todo, a choiva que en Santiago é tamén unha arte.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba