IGREXA DE SAN CIBRÁN DE ALDÁN

Relixioso
274

Localización

Parroquia: Aldán (San Cibrán)

Lugar: San Cibrán

Rúa: Obispo Cerviño 8

Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 45.0" N - 8º 48' 56.9" W

Descrición

A igrexa de San Cibrán de Aldán é un edificio neoclásico datado en 1866, erguido no mesmo lugar que ocupou un templo anterior do século XVI. Ten planta lonxitudinal e os muros son de sillares de granito. A súa fachada, con elementos arquitectónicos propios dese estilo como pilastras con capiteis clásicos adosadas e un friso baixo a cornixa con tríglifos e métopas, aparece presidida pola imaxe do patrón da parroquia, San Cibrán coas vestiduras e atributos de bispo, situada nunha hormacina e baixo un reloxo. Tamén destaca a gran torre de dous corpos con balaustradas que alberga o campanil.

Acceso

Saímos de Cangas en dirección a Aldán pola estrada PO-315; tras percorrer 4 km collemos un desvío á man esquerda, sinalizado por un cartel que indica o porto de Aldán. A 200 metros atopamos a igrexa.

Accesibilidade

En coche.
Última actualización: 28/03/2017
Arriba