FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA

Festas de interese turístico
135
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico

Localización

Parroquia: Salvaterra (San Lourenzo)

36450  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 04' 49.2" N - 8º 29' 45.6" W

Descrición

A Festa do Viño do Condado do Tea, a segunda máis antiga de Galicia, soubo adaptarse aos novos tempos e mesmo crecer. Hoxe en día é unha cita importante para todos os amantes da nosa gastronomía, que se mesturou perfectamente coa nosa cultura e se converteu no escaparate turístico máis importante do municipio. Cabe destacar que o emprazamento onde se celebra, na Fortaleza de Salvaterra, conxunto histórico declarado BIC, contribúe a realzar o carácter milenario desta vila e a identidade transfronteiriza do noso municipio.
Ao longo dos días que dura a festa, pódese desfrutar dos mellores caldos da Subzona do Condado do Tea da D.O. Rías Baixas. E tamén dos mellores produtos gastronómicos do mar, do río e da terra, sentado tranquilamente nas terrazas instaladas no recinto, que dan pé a gozar dunha boa mesa, en familia ou con amigos e ao tempo escoitar en directo os diversos concertos que ofrecen as noites gastronómicas da Festa do Viño do Condado do Tea.
O día grande é o domingo, no que se dan a coñecer os Viños Deliciosos do ano e se realiza o solemne nomeamento de confrades, embaixadores efectivos responsables de defender e difundir as virtudes dos nosos viños e do noso Concello.


Destacado
Noites gastronómicas: mesturase a gastronomía coa cultura
Domingo pola mañá: nomeamento de confrades e declaración dos Viños Deliciosos do Ano

Outras características

Gastronómica
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 16/11/2016
Arriba