O 11 de xuño de 2021, coa celebración do primeiro Comité de Pilotaxe, arrincou  EXPLORATERRA, un proxecto que nace co obxectivo de preservar,  valorizar e promover o patrimonio cultural vinculado á era das grandes expedicións marítimas xeográficas españolas e portuguesas, financiado con fondos FEDER a través do Programa INTERREG V A España Portugal (POCTEP) 2014-2020, cuxa execución se estenderá ata decembro de 2022.

O proxecto está liderado pola Fundación Nave Vitoria, e conta coa participación dos seguintes socios: 

  • Axencia Turismo de Galicia
  • Axencia Andaluza de Institucións Culturais da Junta de Andalucía
  • Associação Portuguesa de  Treino de Vela ( APORVELA)
  • Entidade Rexional de Turismo  do Algarve 

 

ExploraTerra

ExploraTerra

Todas estas institucións axuntarán esforzos para poñer en valor unha herdanza común ligada ás grandes exploracións marítimas protagonizadas por España e Portugal nos séculos  XV ao  XVII, que cambiaron o curso da historia e dotaron a estes territorios dun especial vínculo cultural, etnográfico e histórico ao redor delas, que chega ata os nosos días. Preténdese crear unha oferta cultural conxunta ao redor da Iª  Circunnavegación e ás Expedicións Marítimas Xeográficas no Espazo de Cooperación  Plurirregional: Andalucía, Algarve- Alentejo e Galicia.
Os obxectivos expostos consisten na recuperación da funcionalidade, adecuación e preservación de barcos históricos para usos culturais, a creación de innovadores equipamentos turísticos e a vertebración do patrimonio  marítimo cultural nun produto e unha marca-destino común.

Actividades:

As actividades de recuperación e valorización do patrimonio, xunto coa creación de innovadores equipamentos e promoción, amplían e diversifican a actual oferta cultural e patrimonial dos territorios. Os seus beneficiarios, Administracións Rexionais e Locais, Pemes culturais e turísticas e a cidadanía veranse favorecidos pola incorporación destes novos activos e contidos culturais que contribuirán ao aumento do número  de visitas e visitantes en ocupacións hostaleiras de cada destino.

 
 
Arriba